sábado, 20 de abril de 2013

Caderno da crítica. Ramón Nicolás : A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ



http://cadernodacritica.blogaliza.org/2013/04/10/a-nena-a-que-non-deixaban-ser-feliz-de-miguel-angel-alonso-diz-e-luz-beloso/

lunes, 1 de abril de 2013

O cullarapo na feria de Bologna


 
 
 
 
 
 
 
Hai libros invisibles
que camiñan con ledicia
entre os silencios
dunha habitación sombría,
na que sempre se escoitan
ás mesmas voces luídas.
...
Hai libros que dormen nos corazóns
grazas aos ollos dun cullarapo
e á forza da poesía,
libros xenerosos que alimentan a lingua
desta terra nosa chea de feridas.

Hai libros que non existen
pero existen,
e que sempre volven
para lembrarnos que a esperanza
aínda non está perdida.

Hai libros que son fill@s
nesta longa noite suicida.

O CULLARAPO CROQUE tamén andará polo mundo fóra da LIX galega xa que nunca estivo dentro :)
 
 
 

Croque no San Salvador de Teis


Murais dos nen@s
 
 

 

 

 
Con Paco responsable da biblioteca e marabillosa persoa

 

 
Laura lendo "Sabela"





 
Foto de familia

 

 
Que berrabamos?
é un segredo

 
Co meu amigo Luis

 
Fermosas persoas: Paco e Laura
 
AULA DOS CARACOIS
 
 
 

 
Co caracol Serafín

 


Hai un caracol moi pequeno
ao que lle gusta viaxar
Serafín é o seu nome
e a súa bondade non ten igual.

 Sempre leva a casa ás costas
pois non quere abandonar
as mil historias que viven nos libros
que lle regalou o seu pai.

 
Hoxe abriu o cullarapo
xa que apetecíalle xogar
con croque, coa serea, cun gato
que sabia voar

 
Serafín sempre vai devagar
pois   l  e  n  t  a  m  e  n  t  e   quere gozar
de palabras bailarinas
que o fagan rimar.

 
E é por isto que serafín
non precisa de nada máis,
ten na súa casa mil mundos
polos que poder camiñar.

 

 

Miguel Ángel Alonso Diz