viernes, 15 de marzo de 2013

miércoles, 13 de marzo de 2013

lunes, 11 de marzo de 2013

O cullarapo Croque no ATENEO de OURENSE


Grazas a tod@s por crear unha tarde especial!
 
e grazas a Rochi Nóvoa e Tonhito de Poi
pola súa voz e a súa música.















sábado, 2 de marzo de 2013


O cullarapo Croque en Pontecesures e Vedra

Notas de prensa:

 

 

 
Algúns dos debuxos feitos pol@s nen@s

 
 






Este 28 foi o de maior actividade de toda a miña vida. Estiven cos nen@s en Pontecesures. Tiven dúas sesións con eles. E debo dar as grazas a Roque Araujo Rey polo seu bo facer, compromiso e proximidade. Oxala isto fora a regra e non a excepción entre os encargados de servir ao pobo.
Tamén falar de todo o persoal do colexio que amosou un entusiasmo e participación que sen dubida deixa unha marca ...no meu corazón. Agardo ver as actividades que van levar a cabo co noso cullarapiño :)

O camiño levoume a Vedra con paso pola casa da nosa mai Rosalía de Castro.Facía sol e seica ela estaba sorrindo na porta da casa.

O día era fermoso e tiven que apagar a radio, baixar as fiestras do coche e gozar dos sons da nosa terra. Mencionar que fun sorprendido por unha aguia que xusto emprendeu camiño cando eu pasaba. Direi que era grande e moi, moi fermosa...inda podo vela sen pechar os ollos nesta noite que pide cama a berros...

O río acompañoume coa súa música durante todo o percorrido e o cabo rematei no CPI DE Vedra.

Alí coñecín a Uxía, coa que programei unha entrevista, e estiven cos rapaces da miña amada, por sempre, Iolanda Aldrei.
Convidáronme a xantar para coller folgos pois chegaban Iris e Noemí cos seus papeis cheos de preguntas.

Falamos de moitas cousas e sobre todo a realidade do autismo, xa que en breve teremos, grazas a colaboración de Arasaac, unha versión dixital do cullarapo en pictogramas.

Como remate dúas sesións cos pequech@s do centro e unha chamada da prensa.

Desfago o camiño canso e feliz xa que a familia agarda por min; ela e varias chamadas sen atender, unha chea de correos, proxectos, poetry e poemas que agardan.

Prométolle ao meu corpo ir cedo a cama, mais pode máis a felicidade que o cansazo...
Pouso un bico en todas almas que hoxe toquei.
Mañá será outro día e eu non podo durmir inda que a noite pide cama a berros.

Croque na biblioteca Neira Vilas



 
 
O pasado día 27 de febreiro o cullarapo Croque volveu a biblio Neira Vilas
para estar c@s pequech@s.
 
Grazas a tod@s!!
 
En breve poremos os vosos debuxos :)
 

Biblioteca Xosé Neira Vilas: Encontro con Miguel Ángel Alonso Diz







Biblioteca Xosé Neira Vilas: Programas escolares. Encontro con Miguel Ángel Alo...: Na mañá do 19 de febreiro, os alumnos de 1º de primaria do CPR Martín Códax , que visitaron a biblioteca dentro dos nosos Programas escolares.